
Así nos deixa o goberno do Sr. ZuperPoderes...sen 48.000 nas arcas do estado, ou o que é o mesmo, con 48.000 millóns de euros de débeda pública, que supoñen uns 1000€/persoa que teremos que pagar, simplemente porqué si.
E voume explicar:
Significa que cada español, ten que sumar ás suas débedas particulares esa cantidade de 1000€. E nunha familia, na que traballa o home, a muller, e ten dous fillos pequenos(que non traballan) a cantidade total a devolver ó Estado é de 4000€. Eses cartos son para pagar os compromisos financieiros eléctorais e máis en particular, para sufragar o desequilibrio entre ingresos e pagos.
Dito doutra maneira, cada traballador que recibiu 400 euros do Estado da célebre paga aprobada antes das Eleccións Xerais, terá que devolver algo máis de 1.000 para financiar esa cantidade e outros gastos nos que incurriu o Estado dende entón.
Así amig@s, en Galicia, non deberíamos volver a confiarlle o goberno bicéfalo Touriño-Quintana, creo que xa chegou abondo 4 anos de hipoteca......
E polo tanto, a nosa opción á única posible, Feijo009...


No hay comentarios:
Publicar un comentario