jueves, 1 de enero de 2009

1 de Xaneiro. Comenza a conta atrás......

Si señores, así é a vida. Aninovo, vida nova, e esperemos novos xestores na Xunta de Galicia, Xunta 2009, chegou o momento do cambio.

E porqué cambiar? En catro anos a entesa do PSOE-BNG con bicefalia moi ben definida, non fixo mais que deixarlle claro ás xentes de Galicia, que non souberon gobernar. Pero claro, tampouco era de supoñer, cando firmaron o Pacto do Hostal e se repartiron a Xunta como se fose unha tarta de Mondoñedo, co Sr. Touriño á cabeza e co Sr. Quintana no pescozo. Así foi, xa que ditos partidos que representaban, sumaban a cifra máxica de 38 escanos, pero non representaban a maioría que votou polo PPdeG, quedando en 37.

Neste 2009, temos por diante variables diversas, pero se nos paramos un intre a pensar, e imos a ter que facelo, so hai duas opcións, si duas, e dicir:

Reeditar o Pacto do Hostal, e polo tanto un goberno de bicefalia, a frase esa que se di, un mirando para Londres e outro para París, PSOE-BNG, e que Touriño, diga unha cousa, e Quintana faga outra. So temos que ver a última que montaron eles soiños con reparto dos novos parques eólicos, non?









Ou ben apostar polo cambio de aires, e que novamente o PPdeG con Nuñez Feijoo, á cabeza, e moita xente nova, lle de unha volta a este país, e nos deixemos de líos como o antedito, e Galicia, novamente asente as bases dun desenvolvemento no que todos nos impliquemos.




















E polo que chegou o momento do cambio na Xunta. Xunta 2009.
P.S.:
Galicia, Nai e Señora. Un recordo para tí, meu amigo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario